e e
xoves, 02 de setembro de 2010
SABUCEDO
  • Galego
  • Castellano
 







 

 

 

Preme aqui para inscribirte no Concurso Internacional de Fotografia "Rapa das Bestas 2009"

 

O concurso Internacional de fotografía  “Rapa das bestas" nace no ano 2008 coa necesidade de darlle contidos á “Declaración de Interés Turístico Internacional”. 

Imagen de muestra  Imagen de muestra

No 2007 a rapa foi declarada como “Festa de Interese Turístico Internacional”, a cuarta despois de Santiago Apóstolo, Ortigueira e Catoira.

 

En 2008 impúlsase, por iniciativa de Raquel López, Tenente-Alcalde e concelleira do Medio Rural e Turismo do Concello de A Estrada, o Concurso Internacional de Fotografía cunha idea moi clara, a Rapa hai que poñela en valor como marca turística e de calidade. Pretendese impulsar o turismo mediante a revitalización  dunha tradición. A importancia da promoción do turismo optando por medidas tendentes á conservación, á potenciación e posta en valor dos nosos recursos culturais e naturais. As actuacións en materia de promoción e fomento do turismo encamiñadas cara uns principios de eficacia  e economía de medios, buscando a máxima coordinación entre distintos sectores.

 

En Xuño do 2008 realizouse a presentación en Madrid, no Centro Galego, asistindo touroperadores, prensa especializada e outras personalidades como o secretario da embaixada de Xapón Daisuke Nakano.

 

En Xullo do ano 2008 ten lugar o 1º Concurso Internacional de Fotografía, participando fotógrafos profesionáis de distinta procedencia e donde a calidade dos traballos presentaodos é calificada como excelente.

 

En Novembro dase a coñecer o gañador do Concurso, resultando ser Marcos Míguez, reporteiro gráfico natural de A Estrada, cun conxunto de fotografias que destaca por unha composición singular das imaxes e o seu peculiar sentido da luz que achegan ó traballo un certo dramatismo e misterio.

 

A mediados de Decembro faise a entrega do premio e nace a Exposición “FotoRapa08”. O pistoletazo de saída da exposición foi na sala de exposicións de CaixaNova de A Estrada cun rotundo éxito de público. Xunto coa exposición edítase un catálogo coas fotos participantes e cun limiar do escritor Manuel Rivas, "Sabucedo: o paraíso inquedo".

 

Xa en Marzo  de 2009 a exposición transládase A Coruña, máis concretamente a sá de exposicións do Forum Metropolitano.

 

En Marzo colle un carácter Internacional chegando a exposición, “FotoRapa08”,  a París. Alí na Semana Cultural galega organizada polo Círculo Cultural de París en colaboración coa Fundación Galicia-Europa, expóñense unha boa mostra de fotos da rapa 2008. Hai que destacar que nos xardíns de Trocadero estivemos representados polas autoridades locais e recibidos polo alcalde de París, Bertrand Dalanoë.

 

A finais de Maio e primeiros de Xuño transládase a exposición á capital belga, a Bruxelas. Alí é acollida pola Fundación Galicia-Europa cun notable êxito de público e prensa que se fai eco da cita.Agora esperamos que a cita se consolide abrindo o prazo para inscribirse no novo concurso FotoRapa09.