|
Preto das Rías Baixas na costa Atlántica, e rodeada de innumerables ríos, a zona ofrece a posibilidade de practicar infinidade de deportes náuticos para tódalas idades: ráfting, canoa, esquí acuático, piragüismo… Conserva antigos camiños para gozar do sendeirismo, sendo unha das rutas máis importantes o Camiño de Santiago: Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade. A peculiaridade de Galicia é a súa paisaxe verde, o seu clima equilibrado e o seu impresionante patrimonio natural e monumental, sen esquece-la súa rica gastronomía e os seus deliciosos viños que sen dúbida deixarán un bo sabor de boca a todolos nosos visitantes. |
|